Gozar
Ofrecemos unha ampla variedade de actividades de lecer e educativas, incluíndo visitas escolares, campos de traballo, campamentos e outras actividades de ocio
Visitas escolares e campamentos
Organizamos visitas escolarese campamentos que combinan lecer, natureza e aprendizaxe práctica,conectando ás persoas coa historia, os valores e a vida no rural.
Ruta de San Pedro
Unha ruta espiritual e histórica que percorre os pasos de San Pedro de Mezonzo, guiando ás persoas visitantes a través dos concellos de Vilasantar e Sobrado dos Monxes. Ao longo do traxecto, a ruta convida a coñecer o legado deste ilustre personaxe medieval, ao tempo que permite descubrir a riqueza paisaxística, cultural e tradicional.
Impulsa o cambio con nós
Únete á Asociación Raíña e forma parte dun proxecto que promove o desenvolvemento sostible, a inclusión social e a revitalización do entorno rural.
A túa colaboración pode marcar a diferenza!
