Impulsar
Contamos con programas de inserción socio-laboral, formacións específicas e actividades para colectivos vulnerables. Estes programas están deseñados para mellorar a empregabilidade, a súa calidade de vida, previr situacións de risco e favorecer o seu benestar físico e emocional.

Programa Rural Inc Eco
Ofrecemos itinerarios de inserción socio-laboral centrados na agricultura ecolóxica para persoas desempregadas do eido rural. Aprendemos a xestionar unha horta dende o inicio, da sementeira a colleita, ao tempo que fortalecemos habilidades sociais e profesionais
Formación no centro penitenciario de Teixeiro
Levamos a cabo programas formativos onde as persoasinternas participan en actividades ao aire libre e en contacto coa natureza. Estas actividades teñen beneficios significativos para a saúde física e mental dos reclusos/as, ofrecéndolles unha oportunidade de aprendizaxe e crecemento persoal


Programa Companio
Companio Rural é un programa da Asociación Raíña Paraíso que ofrece cada xoves un espazo de encontro para persoas maiores que viven soas en Vilasantar, Curtis e Mesía. Realízanse actividades lúdicas, culturais e terapéuticas, incluíndo hortaterapia e un xantar ecolóxico compartido. Tamén se organizan saídas mensuais e a Asociación facilita o transporte dende os fogares.
Elas Piar Rural
Elas Piar Rural é un programa dirixido a mulleres da contorna rural, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social. Ofrece un espazo seguro onde compartir vivencias, crear vínculos e sentirse arroupadas nun grupo con historias comúns. Acompañadas por profesionais, reciben atención personalizada e apoio para acceder aos recursos que precisan, sempre dende a escoita activa, o respecto e o cariño.

Colabora connosco e forma parte do cambio
Temos un forte compromiso coa revitalización do rural e a promoción de valores sostibles. A túa colaboración é esencial para que este soño sexa posible