Camiño Espiritual de San Pedro

San Pedro de Mezonzo naceu en Chacente, na parroquia de Santaia (Curtis), no ano 930.

Seus pais, de orixe nobre, Martín Placencio e Mustacia, déronlle unha esmerada educación.

De mozo ingresou no Mosteiro de Santa María de Mezonzo, onde cursou estudios eclesiástivos e recibe a ordeación sacerdotal. Acadou fama de sabedoría intelectual e humana.

Por outra banda, no ano 952, Hermenegildo e Paterna, Condes de Présaras, fundaron xunto ao seu fillo, o Bispo Sisnando II, o Mosteiro de Sobrado. Influíron para que ambos mosteiros se unisen e S. Pedro pasou así ao Mosteiro de Sobrado, onde primeiro exerce de notario e de abade entre os anos 966 e 974. No 965 converteuse no quinto abade de Sobrado.

Posteriormente foi abade de San Paio de Antealtares e dende o ano 985 ata o seu falecemento no 1003 como Obispo de Iria Flavia e Compostela

Durante o seu mandato tiveron lugar repetidas invasións dos normandos e vikingos, pero fundamentalmente a do Xeral Almanzor no ano 997, que arrasou e devastou a cidade de Santiago de Compostela. No ataque San Pedro ordenou desaloxar a cidade e posiblemente protexeu as reliquias do Apóstolo. Segundo a tradición, Almanzor atopou de rodillas diante do sepulcro do Apóstolo Santiago a  S.Pedro orando. Sinteu respeto e ordeou que non profanaran a tumba do Apóstolo. Co apoio do Rei Bermudo II, conseguíu concluír a restauración da basílica e restablecer o culto ao Apóstolo.

Atribúeselle a composición da Salve Regina, un himno á Virxe, inspirado nunha imaxe da Nosa Señora dos Ollos Grandes, patroa de Lugo, durante a fuxida do pobo compostelano tralo saqueo da cidade polo Xeral Almanzor.

Nomeado santo, foi un líder espiritual en momentos de gran tribulación en Galicia.

A Igrexa de Santa María de Mezonzo data quizás da época visigoda. A primeira mención documental é do Século IX, cando no ano 870 Alfonso III fai entrega da vila de Mezonzo o abade Reterico para que se constrúa nela un Mosteiro. 

O relixioso reúne a eremitas de zonas próximas, o que orixinou un cenobio dúplice. Inicialmente estivo formado por quince homes e dúas mulleres (7 presbíteros, 8 diáconos e 2 devotas).

Baixo o adabiato de Reterico o mosteiro dúplice é doado ao rei Alfonso IV, «el Monje».

No ano 958 pasa a converterse en filial da abadía de Sobrado dos Monxes, permanecendo baixo a súa xurisdicción toda a Idade Media, ata que en tempos dos Reis Católicos, e xa con monxes do Císter, pasa a depender de San Martín Pinario.

Santuario de A Nosa Señora da Laxe.

Situado na Parroquia de San Martín de Armental, Vilasantar, o nome orixinal do santuario foi: “Nosa Señora das Augas”. Máis tarde, polo século XII os monxes de Sobrado cambiáronlle o nome, como tiñan por costume, dándolle o nome do lugar.

Dende os primeiros séculos da nosa era, á Laxe acudían moitos visitantes pola existencia dunha pequena ermida na cima dunha rocha rodeada por un río e con dúas fontes de auga mineromedicinal, a de Nosa Señora ou Santa do Río, e a de Santa Irene.

Conta a lenda que “curan ata cen enfermidades” e tamén que no río Cabalar, ao pé da rocha sobre unha pedra (ou berce) apareceu a imaxe en pedra dunha muller. O berce consérvase no mesmo lugar do río.

En tempos do Papa Sixto V, (1585-90) comezou a época de esplendor xa que unha familia devota refai a ermida, quedando grande (tense constancia de varias anteriores), e pagan unha Bula que dota ao Santuario dos mesmos privilexios da Basílica de San Juan de Letrán en Roma, concede Xubileu pleno aos cofrades, peregrinos, devotos e demáis fieis que visitaren e rezasen a Nosa Señora nas súas catro festividades: a Anunciación (25 de marzo), a Natividade (8 de setembro), a Asunción (15 de agosto) e a Concepción (8 de decembro);  os apóstolos nas súas festas, e o día da Ascensión de Xesús;  inmunidade e inviolabilidade para toda persoa dentro do Recinto Sacro.

Chegou a ser o santuario que máis aportaba a San Martín Pinario tendo propiedades en parroquias de toda a comarca e incluso rendas en Sudamérica.

En 1727 o Arcebispo compostelán Don Miguel Herrero mandou a Don Fernando de Casas y Novoa, (mestre de obras da Catedral de Santiago de Compostela e autor da fachada do Obradoiro), a rematar as obras de ampliación e reforma da iglesia.

O edificio actual é de cruz latina, con tres portas, a grande, a travesa e outra no brazo dereito chamada de San Ramón. Construíuse con pedra e lousa da mesma rocha da base. A parte do altar maior tiña outros dous a dereita e a esquerda. A día de hoxe aínda se conservan varias imaxes talladas por Juan Domínguez  e Carlos Porto en 1607.

O Recinto Sacro queda delimitado con catro cruceiros situados en cada entrada ao lugar marcando os puntos cardinais.

A Desamortización de Mendizabal trouxo a ruina ao Santuario.