Sobre nós

Asociación Raíña nacemos no ano 2015 en Mesía. A xestación foi moitos anos antes, nun lugar chamado Raíña. De aí o noso nome, que recolle a nosa esencia e nos mantén cos pés no chan.

Ao principio o obxectivo era social, xerar oportunidades laborais para persoas do rural. Co paso do tempo descubrimos que o noso «soño» é moito máis amplo. Un reto máis apaixonante e esixente: que cada persoa aporte o mellor de si mesma.

E niso seguimos: intentando cada día coidar ás persoas, a ti, a min. A nós! Pero tamén ao planeta. A nosa casa común, a Terra, coma se fose nosa, sen ser de ninguén. 

Realizamos agricultura ecolóxica, fomentando a alimentación saudable, especialmente na infancia e na xuventude. Os nosos productos destínanse fundamentalmente a comedores escolares

Compartimos a nosa filosofía e divulgamos os nosos valores a través de campamentos, campos de traballo, excursións e cada unha das persoas que entra pola porta.